CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

As X Xornadas de Teatro da Rúa erguen o pano cunha entretida comedia

O grupo de San Clodio Augas do Sil fixo rir ao público coa súa obra "Princesa busca pretendiente"

 

Dende o 3 de novembro e ata o 1 de decembro, cada domingo ás 18h. haberá teatro no Centro Cultural Avenida. As Xornadas de Teatro da Rúa erguían na tarde de onte, o pano da  décima edición coa actuación do grupo afeccionado Augas do Sil de San Clodio.

Pasadas as seis da tarde e trala presentación por parte do presidente da Asociación Cultural de Teatro A Ruada Ramón Díaz, os actores subíanse ao escenario para dar vida aos personaxes de 6 príncipes para una princesa ou o que é o mesmo Princesa busca pretendiente, unha entretida comedia que na narra a historia de Godofreda, a princesa preguiceira, moderna e festeira que presionada pola súa nai, a raíña, ten que buscar marido entre o “peor de cada reino”.

 

O programa das X Xornadas de Teatro da Rúa.

 

O público que asista ás representacións (a un prezo de 3 euros por función) poderán ver ademais unha exposición de debuxos de Alba Aizpuru.

As xornadas continuarán o vindeiro domingo co grupo Candea de Viana que presentará a súa obra Axencia matrimonial media laranxa.

 

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close