EconomíaEconomíaÚltima hora

As XIV Xornadas Técnicas de “Prevención de Riscos Laborais” chegan a Verín e Ourense

Serán gratuitas e terán lugar mañá e pasado, 17 e 18 de xullo, respectivamente

A XIV edición das Xornadas Técnicas de “Prevención de Riscos Laborais” chega a Verín e Ourense. Así, en Verín terá lugar mañá, día 17 de xullo na Asociación de Empresarios de Verín (AEVER), e en Ourense será pasado, día 18 de xullo na Asociación de Empresarios da Construción de Ourense (ACO). As dúas serán gratuitas e terán unha duración de unha hora e media; de 19:00 a 20:30 horas.

As xornadas están promovidas pola Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense (ACO), en colaboración coa Secretaría Xeral de Emprego. Así, contarase coa colaboración da Inspección do Traballo e con Técnicos Especialistas en PRL, que se encargarán de resolver calquera dúbida.

 

Cartel.

Artigos relacionados

Back to top button