CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

As Xornadas de Educación e Empresa do IES Lauro Olmo do Barco adáptanse á situación sanitaria

As ponencias, obradoiros e seminarios desta XIX edición celebráronse nos propios talleres e aulas dos diferentes ciclos

 

Co obxectivo de conectar o mundo empresarial e educativo e ao mesmo tempo promover o emprendemento, nacían hai case vinte anos as Xornadas de Educación e Empresa do IES Lauro Olmo, no Barco de Valdeorras.

Este ano as circunstancias sanitarias non permitiron charlas conxuntas nin actos de inauguración, polo que as ponencias e obradoiros, así como os seminarios celebráronse nos propios talleres e aulas dos diferentes ciclos.

O programa arrancaba xa no mes de febreiro e continuaba en marzo xa que “as dificultades de mobilidade e desprazamento intermunicipal non aconsellaban concentrar os actos nunha soa semana”, explican dende o centro educativo. Con respecto aos contidos, esta XIX edición incluía desde obradoiros de cosmética e coración capilar para o alumnado do Ciclo de Peiteados; ou experiencias de coaching profesional; ata ponencias sobre emprendemento empresarial; e obradoiros de domótica, xestión de iluminación e clima e xestión da enerxía. As xornadas tamén incluían a participación conxunta co IES A Pinguela de Monforte mediante videoconferencia en formación de emprededores.

 

 

Entre as numerosas ponencias deste ano destacan a de Juan Pedrera, xerente da AUTEL sobre “autodiagnose” para alumnado de Automoción; a de Rubén López de Perrruquería Rubén La (A Rúa) que expuxo a súa experiencia sobre emprendemento para alumnado de Perruquería; a de Laura Fernández, coaching profesional sobre “obxectivos empresariais”, tamén para o alumnado de Perruquería; a de Miguel Díaz Peña, xerente de Domoelectric, sobre “electricidade, domótica e mundo laboral”, para o alumnado de Sistemas Electrónicos; a de Luís Domínguez, Delegado para Galicia de Orbis Tecnología, cun obradoiro de automatismos e equipos de temporización, para o alumnado de Electricidade; e a de Carmen Fernández, profesora do IES Lauro Olmo, con obradoiros de Linguaxe de Signos para o alumnado de Dependencia.

Fotos: IES Lauro Olmo

 

Artigos relacionados

Back to top button