CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

As Xornadas de Folclore chegan mañá á Pobra de Trives

Os grupos de Bolivia, México e Serbia actuarán a partir das 22:30h. no patio de Santa Leonor
Ballet Folklórico Bafopaz de Bolivia.

A Pobra de Trives é unha parada obrigada para as Xornadas de Folclore que van xa pola XXXVI edición e este ano, será novamente a primeira vila na que actúan este verán (xunto con Bande), despois da cerimonia de apertura en Ourense.

A cita será mañá, martes 6 de agosto, a partir das 22:30h. no patio de Santa Leonor coa participación de tres agrupacións: o Ballet Folklórico Bafopaz chegado dende a cidade de La Paz (Bolivia); a Compañía Folklórica Paniagua de México; e o grupo Folk Ballet Simyonov New Belgrad, procedente da cidade serbia de Belgrado.

 

Folk Ballet Simyonov New Belgrad de Serbia.

 

Compañía Folklórica Paniagua de México.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close