CulturaCulturaÚltima hora

As xornadas de folclore chegan a Trives

Farán parada noutros 15 concellos, entre eles O Barco, Manzaneda, A Rúa e Viana do Bolo
Xornadas de folclore. /Foto: Carlos G. Hervella.

Hoxe, luns 7 de agosto, inícianse as Xornadas de Folclore que durante dez días levarán a música e o baile procedente de diferentes países pola provincia de Ourense.

O Teatro Principal de Ourense acolle o acto de inauguración oficial desta edición que se celebrará ata o día 16 de agosto. Durante a cerimonia de apertura levarase a cabo a recepción oficial aos grupos participantes, o saúdo institucional de benvida e a proxección do documental “Ourense: arte, cultura e tradicións populares” realizado polo Centro de Cultura Popular “Xaquín Lorenzo”. O acto rematará coa actuación da Escola de Danzas.

As xornadas, organizadas un ano máis pola Deputación Provincial de Ourense, chegan mañá a Bande e a Pobra de Trives. Na localidade trivesa actuarán ás 22:30h. no Colexio Santa Leonor, os grupos de Krasnodar, Kenia e Chile. Os mesmos que ao día seguinte, mércores 9 de agosto, actuarán no Malecón do Barco de Valdeorras.

En Manzaneda actuarán tamén o mércores os grupos de Yakutia, México e Perú, no patio do colexio. Os mesmos que actuarán na Rúa o venres 11 de agosto, no campo do Aguillón. En Viana, actuarán os grupos de Krasnodar, Kenia e Chile, o sábado día 12 na praza Maior.

Artigos relacionados

Back to top button