ConcellosÚltima hora

As Xornadas de Folclore no Barco, trasládanse ao pavillón de Calabagueiros por motivos meteorolóxicos

A actuación está prevista para as 22:30 h. de hoxe, 7 de agosto e contará cos grupos de Bolivia, México e Serbia
Actuación das Xornadas de Folclore o ano pasado. /Foto: Carlos G. Hervella.

Esta noite, a partir das dez e media, as Xornadas de Folclore Internacional farán parada no Barco de Valdeorras, pero en lugar de actuar no Campo da Festa tal como estaba previsto, farano no pavillón de Calabagueiros por motivos meteorolóxicos. Así o anunciaban dende a Policía Local do Barco a través do whatsapp creado en colaboración co CCA e AEVA para comunicar alertas ante delitos. Debido ao cambio, o párking do Paseo do Malecón queda aberto ao público.

Ante a posibilidade de chuvia, dende a organización decidían cambiar de ubicación a actuación dos tres grupos que chegan ata o Barco procedentes de Bolivia, México, e Serbia.

Artigos relacionados

Back to top button