ConcellosÚltima hora

As Xornadas de Teatro de A Rúa adicaranse a Tito Macías

A IX edición celebrarase entre o 18 de novembro e o 30 de decembro e inclúe unha sesión de monólogos
A Ruada, na obra O Velatorio na anterior edición das xornadas. /Foto: Mónica G. Bellver.

A comezos deste ano falecía Clemente Macías, Tito para os amigos, veciño da Rúa Vella e un dos membros do grupo de teatro A Ruada. Foi un dos primeiros en formar parte do colectivo e a súa perda deixaba un gran baleiro. Con todo a súa memoria estará sempre viva nos seus veciños, compañeiros e amigos que decidían adicarlle as Xornadas de Teatro.

Así, con cambio de datas e en memoria de Tito Macías, as IX Xormadas de Teatro de A Rúa celebraranse entre o 18 de novembro e o 30 de decembro, coas funcións en domingo ás 18h. no Centro Cultural Avenida.

Quedan pequenos flecos por perfilar pero serán cinco, as agrupacións de teatro afeccionado que se subirán ao escenario para deleite do público. A primeira, o 18 de novembro, será Candea de Viana que traerá dúas pezas: O diñeiro o mellor compañeiro e As irmás Vilachá. O domingo seguinte, 25 de novembro, tocaralle o turno a TEF Chaves coa obra Triada do Faustino.

E xa no mes de decembro, o día 2 Augas do Sil de San Clodio porán en escena Un día nas portas do ceo; e o día 8 haberá monólogos a cargo de Mari Calvo, Manuel Martínez (Manolo) e Moncho Díaz. Namarella Teatro de Verín estrearase nas xornadas o día 16 con Espérame en el cielo; e serán os anfitrións e organizadores, os membros de A Ruada, os que pechen esta edición coa interpretación o 30 de novembro, da obra A boda do Esganarello.

Artigos relacionados

Back to top button