CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

As Xornadas Educativo-Empresariais do IES Lauro Olmo do Barco cumpren a maioría de idade

A XVIII edición comezará o vindeiro luns 17 de febreiro coa inauguración a cardo da directora do centro, Amparo Quiroga e do alcalde do Barco, Alfredo García

Asistentes á inauguración das xornadas o ano pasado. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Dezaoito edicións cumpren este ano as xornadas de educación e empresa dirixidas aos alumnos da Formación Profesional do IES Lauro Olmo que se desenvolverán entre o 17 e o 21 de febreiro no salón de actos e tamén nalgunha aula do instituto barquense.

A inauguración, a cargo do alcalde do Barco Alfredo García e da directora do centro Amparo Quiroga, terá lugar o vindeiro luns ás 12:30h. seguida da primeira ponencia de carácter xeral á que asistirán todos os alumnos, impartida pola directora de Nortempo Sofía Liste, especialista en Recursos Humanos, que falará das “claves na entrevista de traballo”. Ese mesmo día pola tarde, Ana Belén Martínez, orientadora de promoción de emprego de Aeva, impartirá outra ponencia xeral sobre “estratexias na procura de emprego”.

A partires de aí, xa específicas para cada ciclo, sucederanse as charlas sobre o ámbito sanitario, sobre novas tecnoloxías, electricidade ou automoción, pechando o ciclo a ponencia que impartirá o emprendedor André Faria, licenciado en Ciencias do Deportes, adestrador e preparador fisico que dará as claves para “converter unha idea na túa propia empresa”.

Ademais das charlas, na semana tamén haberá obradoiros para os alumnos do Ciclo Medio de Peiteados e Cosmética Capilar, entre outros.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close