Galerías de fotosÚltima hora

As Xornadas Internacionais de Folclore recalan en Trives

A vila acollía na noite do 8 de agosto as actuacións de grupos de Kenia, Chile e Rusia

Numerosas persoas asistían na noite do 8 de agosto en Trives a unha nova edición das Xornadas de Folclore Internacional. Son xa 34 anos os que leva en marcha esta iniciativa que desta volta traía á vila trivesa aos grupo African Tumbas (Nairobi, Kenia), o Folk Dance Ensemble Stanitsa (Krasnodar, Rusia) e o Ballet Folclórico Municipal de Rancagua (Chile). Cada un deles facía dous pases sobre o escenario.

Estes tres grupos comenzaban aquí en Trives a súa xira pola provincia de Ourense despois do estreo o día 7 en Ourense cidade, e que durará ata o vindeiro 16 de agosto. Nesta noite estas xornadas de folclore chegarán a partires das dez e media ao Barco.

Fotos: Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button