EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

As Xornadas Micolóxicas consolídanse como cita destacada no outono de Trives

O programa, organizado polo Club Montaña Trives, inclúe o concurso de tapas que aumenta edición tras edición

Tres semanas despois de celebrar o 25 aniversario, o Club Montaña Trives, organiza unha das activiades máis destacadas dentro do seu programa anual. Dende onte 2 de novembro e ata mañá día 4, A Pobra de Trives acolle a XIX edición das Xornadas Micolóxicas, unha data consolidada xa no calendario outonal.

O programa abríase onte coa cuarta edición do concurso de tapas no que participan a maioría dos locais da vila e que na xornada inaugural superaban expectativas, servindo unha media de 220 tapas por establecemento. “En total sacarían unhas 2.000”, engade Luis dende a organización, asegurando que é unha iniciativa que resultou moi ben e que aumenta ano tras ano “tanto en pinchos como en xente”. A ruta continuará ata mañá ás tres da tarde.

Con todo, o día central das xornadas era hoxe e arrancaba en torno ás nove da mañá cunha charla no Auditorio Julio Vázquez a cargo da Asociación Os Cogordos de Ourense á que asistiron unhas 60 persoas. Agunha máis participaba na saída de campo na que recolleron 107 especies distintas de cogomelos que poden verse hoxe e mañá, clasificadas e expostas, no patio interior da Casa Grande.

E xa de regreso coas cestas cheas, unhas 65 persoas degustaban no Hostal-Restaurante La Viúda, un completo menú a base de cogomelos. Aos postres, como vén sendo habitual, a directiva do Club Montaña Trives entregaba aos membros dos Cogordos (asociación que colabora coas xornadas dende o principio) réplicas reais de cogomelos “especies naturais tratadas, a modo de obsequio”, puntualizan dende a organización que fai unha valoración moi positiva do evento.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos:
https://osil.info/delicioso-xantar-de-cogomelos-nas-xix-xornadas-micoloxicas-do-club-montana-trives/

Artigos relacionados

Back to top button