DeportesÚltima hora

As xoves promesas do DH (downhill) reuniranse esta fin de semana na Estación de Montaña Manzaneda

Ciclistas infantís e cadetes descenderán o más rápido posible polas ladeiras da estación na segunda parada desta competición

Ciclistas no Bike Park de Manzaneda.

 

Os descensos en bicicleta de montaña alcanzarán un nivel extremo esta fin de semana na Estación de Montaña Manzaneda. Nas súas instalacións reuniranse, os días 21 e 22 de maio, as novas promesas do downhill, unha das modalidades do ciclismo de montaña que consiste en descender o máis rápido posible por unha pista natural.

A paraxe ourensá será así a segunda parada do DHS Tour, dirixida a infantís e cadetes federados en 2022, entre 13 e 16 anos que poderán demostrar a súa habilidade sobre as dúas rodas. A proba que se celebrará esta fin de semana para as futuras promesas deste deporte extremo chega despois de que a Federación Galega de Ciclismo recuperase a primeiros de maio a Copa Galicia DH, con Manzaneda como escenario principal da competición e despois do parón obrigado pola pandemia.

A Estación de Montaña será tamén a sede deste evento deportivo noutras dúas ocasións: o o 17 de xullo e o 7 de agosto. Ademais, a primeira fin de semana de agosto terá lugar a MINI DH, evento infantil para a promoción de futuros bikers.

Artigos relacionados

Back to top button