PolíticaÚltima hora

As Xuventudes Socialistas do Barco reivindican que “Valdeorras existe”

Veñen de presentar unha campaña co fin de amosar o “abandono reiterado que sufre a comarca” por parte das Administracións

Denunciar “o abandono da comarca de Valdeorras por parte das administracións gobernadas polo Partido Popular”. Este é o obxectivo da nova campaña #Valdeorrasexiste”, que veñen de presentar as Xuventudes Socialistas do Barco, tal e como sinalaba o 28 de marzo en rolda de prensa Adrián Borrajo, secretario xeral desta formación.

E como mostras dese abandono citaban á situación das infraestruturas de comunicación como a N-120, a necesidade de mellorar a conexión da comarca co resto de Galicia, a perda de liñas no transporte en autobús, os retrasos no ferrocarril… “Queremos uns transportes e unhas comunicacións dignas para a comarca”, aseguraba Borrajo, quen tamén aludía á perda da área sanitaria do Barco.

Por outra banda, o secretario de organización, Roberto Macías, explica que “recorreremos os concellos da comarca nos que faremos actos, reparto de información e pegadas de carteis” do mesmo xeito recalcou “faremos fincapé onde o abandono por parte do Partido Popular é máis significativo.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button