En portadaÚltima hora

As XX Xornadas Micolóxicas do Club Montaña Trives porán o foco na gastronomía

Ademais dunha nova edición do Concurso Tapa Micolóxica, incluirán masterclass de elaboracións con cogomelos no Restaurante La Viuda

Cartel das xornadas de micoloxía do Club Montaña Trives na praza do Reloxo./ Foto: A.R.

 

Do 1 ao 3 de novembro terán lugar as XX Xornadas Micolóxicas do Club Montaña Trives. Pero terán un limiar que porá o acento de forma especial na gastronomía. Trátase dunhas masterclass de tapas micolóxicas no Restaurante La Viuda o día 21 de outubro para hostaleiros e o día 26 para o público en xeral (cun prezo de 10 euros).

Xa o 1 de novembro ás 18h. porase en marcha o V Concurso de tapa micolóxica coa participación de 12 establecementos de hostalaría: Boliche, Casanova, Quintela, O Lar de Alicia, Sky, San Martín, O Bodegón, A Cantina do Catro, Manolos, Oca Nova Manzaneda, O Paíño e O Pan da María. Cada tapa terá un prezo único de 1,50 euros e será valorada por sabor e presentación polo xurado popular. O concurso concluirá o 3 de novembro ás 15h. e ás 18h. farase un sorteo de agasallos entre o público participante na praza do Reloxo.

 

No Restaurante A Viuda servirase un xantar gourmet micolóxico o 2 de novembro./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Antes, o 2 de novembro ás 9h. darase unha charla sobre micoloxía, a cargo da asociación Os Cogordos no auditorio trivés e ás 10h. sairase ao monte para recoller cogomelos. Logo, ás 14:30h. haberá xantar gourmet micolóxico no Restaurante A Viuda de Trives cunha entrada de 25 euros. E entre as 16h. e as 17h. entregaranse os cogomelos recollidos para a súa clasificación no patio da Casa Grande. Unha hora despois abrirase a súa exposición ata as 22h. Esta mostra tamén poderá visitarse ao longo do 3 de novembro.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close