CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

As XXXI Xornadas de Folclore estréanse no Barco e no Carballiño

As previsións de chuvia fan cambiar os lugares de actuación previstos inicialmente
Actuación dunha edición anterior das Xornadas de Folclore./ Foto: Carlos G. Hervella.
Actuación dunha edición anterior das Xornadas de Folclore./ Foto: Carlos G. Hervella.

As XXXI Xornadas de Folclore cobran vida. Tras a súa presentación no Teatro Principal de Ourense na mañá do 11 de agosto, este ciclo de concertos comeza o seu percorrido pola xeografía ourensá. As primeiras vilas que desfrutarán deste espectáculo serán O Barco de Valdeorras e o Carballiño que, debido as previsións meteorolóxicas que anticipan chuvia, mudarán nesta ocasión o seu escenario.

No caso do Barco, a actuación prevista para a noite do 12 de agosto ás 22:30h., pasará do Malecón ao pavillón polideportivo. Na vila valdeorresa actuarán os grupos de Corea-Perú-Rusia Krasnodar.

Tamén nesta mesma noite as xornadas recalarán no Carballiño, e máis en concreto, no Auditorio Municipal no Carballiño. Alí estarán presentes os grupos de Arxentina-Sudáfrica e Rusia Bashkiria.

Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button