CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

As XXXII Xornadas de Folclore recalan en Trives

Tras percorrer unha ducia de concellos ourensáns, este espectáculo poderá verse na vila trivesa o 16 de agosto
Cartaz das XXXII Xornadas de Folclore, que están a percorrer a provincia de Ourense.
Cartaz das XXXII Xornadas de Folclore, que están a percorrer a provincia de Ourense.

Ao longo de dez días os ritmos, a música e a vistosidade das danzas de diferentes países están a percorrer a provincia de Ourense da man das XXXII Xornadas de Folclore, promovidas pola Deputación de Ourense. Tras pasar por once localidades ourensás (entre as que figuran Manzaneda, Viana do Bolo ou A Rúa), este espectáculo chegará á Pobra de Trives na noite do 16 de agosto. Poderá verse no patio do Colexio Santa Leonor a partires das dez e media da noite.

Neste escenario desfrutarsae das actuacións de formacións de Brasil, Taiwán e Rusia. Os representantes de Brasil son os membros do Grupo Folclórico Aruanda (Belo Horizonte, M.G.), que visitan por vez primeira a provincia. Ademais en Trives poderá desfrutarse coa vistosidade das danzas da Taiwan Youth Dance Company de Taichung, así como do espectáculo do Exemplary Choreographic Ensemble Druzhba da zona rusa de Arkhangelsk.

Artigos relacionados

Back to top button