A RúaConcellosLaroucoÚltima hora

Ascenden a 13 os positivos de Covid-19 no municipio da Rúa, un máis que onte

Pola súa banda, Larouco rexistraba na xornada de onte un brote con tres casos activos

Concello da Rúa./Foto: Ángeles Rodríguez.

 

Aínda que de forma lixeira, os positivos por Covid-19 non deixan de subir nalgúns concellos da comarca de Valdeorras. É o caso da Rúa que, segundo os datos facilitados dende a Consellería de Sanidade, na xornada deste xoves 29 de outubro conta con 13 casos activos, un máis que onte.

Tamén en Larouco contan con postivos. No seu caso trátase dun gromo con tres contaxios, aínda que  “o cómputo de casos activos está asociado ao domicilio da tarxeta sanitaria, polo que poderán darse casos que non contarán oficialmente neste concello”, explica a alcaldesa Patricia Lamela quen, ante esta situación pide á poboación que se coide. “O aumento de casos na comarca implica un risco ante calquera desprazamento polo que debemos evitar a xeración de riscos de propagación da enfermidade así como a propia exposición”, conclúe.

Artigos relacionados

Back to top button