ConcellosO BarcoÚltima hora

Ascenden a 3 os positivos en centros educativos do Barco e baixan a 6 os da Rúa

 

Lixeiro aumento nos datos de casos activos de coronavirus nos centros educativos do Barco. Tras varios días nos que se rexistraba un caso no IES Martaguisela e outro caso no CEIP Julio Gurriarán, este xoves 17 de decembro entra na listaxe de positivos que emite a Xunta un positivo do Colexio Divina Pastora, que ata o de agora estaba libre de virús. Deste xeito os centros do Barco suman tres positivos.

Por contra, no caso dos centros rueses prodúcese un pequeno descenso. Así, o IES Cosme López que onte tiña 5 positivos pasa agora a 4. Ademais o CEIP Manuel Respino segue con 2 positivos e unha aula pechada.

Deste xeito a comarca de Valdeorras suma nestes momentos nove positivos en centros educativos.

O total de positivos en colexios, escolas infantís e institutos da provincia é de 61 e hai 7 aulas pechadas.

Artigos relacionados

Back to top button