SanidadeÚltima hora

Ascenden a 486 os casos activos de Covid na provincia, 23 máis que onte

 

Novo incremento nas cifras do coronavirus na provincia. Así, segundo última actualización da Consellería de Sanidade, hoxe hai 486 casos activos de Covid-19 na Área Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. Dese conxunto de pacientes, 37 están ingresados (deles 5 na Unidade de Coidados Intensivos) e os 449 restantes permanecen a seguemento a domicilio.

O Hospital Universitario de Ourense rexistra 28 ingresos en planta e 5 en UCI, mentres que no Hospital de Verín son 4 os ingresos en planta. O Hospital de Valdeorras continúa, unha xornada máis, libre de virus.

O total de casos de Covid rexistrados na provincia ascende a 2.787, con 2.164 curados e 137 falecementos. Polo de agora lévanse realizado na provincia 48.665 probas PCR, 529 delas nas últimas 24 horas.

Artigos relacionados

Back to top button