DeportesÚltima hora

Ascensión ao cume de Trevinca o 1 de decembro para colocar o “Belén da cima de Galicia”

Esta marcha, con saída dende Vilanova (A Veiga) ás 9h., será organizada polo Club de Montañismo Montañas de Trevinca
Participantes na ascension do pasado ano, no cumio de Trevinca tras colocar o Belén./ Foto cedida.

Cumprindo coa tradición, o vindeiro mes de decembro o Club de Montañismo Montañas de Trevinca (A Veiga) organizará unha ascensión para colocar no cume desta montaña (2.127 m) o “Belén da cima de Galicia”. A actividade será dirixida por Antonio Fdez Pena (Cholo), técnico deportivo en montañismo, alpinismo e rocha; e por Juanjo Lorenzo, técnico deportivo N2 media montaña.

A marcha está fixada para o vindeiro sábado 1 de decembro e partirá ás nove da mañá dende a localidade de Vilanova (A Veiga). Ás 13h. está previsto que se acade o cumio da montaña e que se instale o nacemento. O percorrido ten unha lonxitude duns 24,50 qm, cun desnivel acumulado de algo máis de 2.900 m e que se completará nunhas 9 h. O nivel de esixencia é alto.

Xa ás 13:30h. comezará a viaxe de volta, facendo un descenso polo Sestil Alto. A chegada ao punto de saída, é dicir Vilanova, está programada para ás 17:30h. e, despois, os participantes poderán compartir experiencias e repoñer forzas cunha merenda.

As persoas interesadas en sumarse a esta ascensión poderán ampliar información e anotarse ata o 29 de novembro ás 17h. en club@montanasdetrevinca.es, tendo en conta que as prazas son limitadas. Dende a organización infórmase de que “todos os participantes nesta actividade terán que estar en posesión da licenza federativa de montañismo do ano 2018 ou, no seu defecto, ter solicitado o seguro individual de accidentes para esta actividade, previo pago de 6 euros para os socios”.

Artigos relacionados

Back to top button