SanidadeÚltima hora

Asemblea aberta da Plataforma Sanitaria de Valdeorras o 11 de setembro no Barco

Terá lugar a partires das oito da tarde no edificio multiusos do Barco
Imaxe da asemblea celebrada en agosto pola Plataforma Sanitaria de Valdeorras.

A Plataforma Sanitaria de Valdeorras manterá este luns día 11 de setembro a súa segunda asemblea en apenas dous meses. Na primeira delas, o 16 de agosto esta entidade reactívase tras facerse público o anteproxecto de reforma da Lei de Saúde de Galicia que inclúe a desaparición da área sanitaria de Valdeorras.

Agora, e tras realizar varias mobilizacións en diferentes puntos do oriente ourensán, a plataforma convoca unha nova asemblea aberta a partires das oito da tarde, tamén no edificio multiusos do Barco.

 

Cartel da convocatoria.

Artigos relacionados

Back to top button