CulturaCulturaÚltima hora

Asemblea anual da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras

A reunión será o sábado 21 de febreiro no segundo andar do Concello da Rúa
Grupo de peregrinos da Asociación Pulchra Leonina de León.
Grupo de peregrinos da Asociación Pulchra Leonina de León.

Fiel á cita anual, o vindeiro sábado 21 de febreiro s Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras celebrará a asemblea xeral que nesta ocasión será na sala multiusos do Concello da Rúa, sito no 2º andar. Ás 19:30h. en primeira convocatoria e ás 20h. en segunda. Tal como adianta a presidenta do colectivo Asunción Arias, nos puntos da orde do día a tratar “salientan os cambios na directiva e que á parte das actividades hai novas propostas en relación ao Camiño de Inverno”.

Dende o mes de xaneiro deste 2015 están pasando pola ruta xacobea que atravesa Valdeorras pequenos e grandes grupos de peregrinos, algúns pertencentes a asociacións de Madrid, Ribeira Sacra e Pulchra Leonina de León, que “están a facer o camiño por etapas coa fin de dalo a coñecer ao resto de asociacións” explica Asunción Arias, engadindo que “durante o mes de febreiro e parte de marzo pasarán por Valdeorras uns 250 peregrinos en grupo, sen contar os que veñen individualmente ou en parella”.

En concreto, 92 membros da Asociación de Amigos del Camino de Santiago de León Pulchra Leonina, realizaron a 2ª etapa do Camiño de Inverno dende Borrenes ata Sobradelo pasando por Puente de Domingo Flórez. A próxima etapa entre Sobradelo e A Rúa, farana o domingo 22 de febreiro na que “seguiremos disfrutando dun camiño que vai a Santiago moi bonito, con persoas moi acolledoras e con poboacións que apostan por esta vía de peregrinación” en palabras do presidente da asociación leonesa.

Artigos relacionados

Back to top button