EconomíaEconomíaÚltima hora

Asemblea da Asociación Galega de Empresas de Envasado de Auga Mineral Natural

No encontro avanzábase nos proxectos que se están a desenvolver, entre eles os encamiñadas ao fomento de prácticas ambientais sustentables no sector das augas minerais naturais

Imaxe da asemblea da Asociación Galega de Empresas de Envasado de Auga Mineral Natural./ Foto cedida.

 

A Asociación Galega de Empresas de Envasado de Auga Mineral Natural (AGAMIN) celebraba esta mañá en Santiago a súa asemblea xeral. No seu decurso facíase un repaso da situación actual do sector e avanzábase nos proxectos que se están a desenvolver.

Nesta liña, destacáronse as accións encamiñadas ao fomento de prácticas ambientais sustentables no sector das augas minerais naturais. Entre estas iniciativas figura a realización de accións dirixidas de maneira directa aos pereginos, co obxecto de sensibilizalos sobre o valor da reciclaxe en xeral, e, en particular, dos envases de auga, para o coidado do medio, así como a importancia da hidratación, segundo informan dende a asociación.

No encontro estiveron representantes das seis empresas que integran a Asociación, que preside Francisco Blanco, de Fontecelta: Aguas de Cospeito (Cospeito), Fontecelta (Sarria), Cabreiroá e Aguas de Sousas (as dúas en Verín), Agua Sana (Baiona) e Sanxinés (Vilagarcía de Arousa).

Artigos relacionados

Back to top button