EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Asemblea da Asociación Valdeorresa de Apicultores

O Centro de Santa Lucía en Vilamartín convertíase en escenario da asemblea xeral ordinaria da Asociación Valdeorresa de Apicultores na tarde do 4 de marzo. No seu decurso a directiva daba conta da actividade da asociación ao longo do pasado exercicio e tamén se sometían a aprobación dos socios a memoria e as contas da entidade do 2016, así como o orzamento para o ano 2017.

Tras a asemblea, tiña lugar a exposición da ponencia “Mel de Galicia e Produción Primaria” (a cargo de Beatriz Ríos e de María de Diego) e presentábase o plan apícola 2017, xunto cunha conferencia sobre Nosema da man da veterinaria da agrupación, Ester Ordóñez.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button