EconomíaEconomíaÚltima hora

Asemblea informativa do Colectivo de Pensionistas de Valdeorras o 7 de novembro, no Barco

Será a partires das 19h. na terceira planta do edificio multiusos da vila

O salón de actos do edificio multiusos do Barco acollerá a partires das 19h. do vindeiro mércores 7 de novembro unha asemblea informativa convocada polo Colectivo de Pensionistas de Valdeorras. Esta convocatoria acordábase na derradeira das concentracións celebradas en outubro na praza do Concello do Barco en defensa do sistema público de pensións.

Nesta reunión valorarase a situación político-social de cara aos orzamentos xerais do estado e a afectación na mesa social das pensións do pacto de Toledo. Ademais determinaranse as estratexias a adoptar dende o local.

Artigos relacionados

Back to top button