EconomíaEconomíaÚltima hora

Asemblea xeral da CEO, en Ourense

No encontro, celebrado o 9 de xullo, participaban un cento de empresarios da provincia
Un dos momentos da asemblea da CEO en Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.
Un dos momentos da asemblea da CEO en Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

Na internacionalización e no ámbito social facía fincapé José Manuel Pérez Canal, presidente da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), na asemblea xeral ordinaria que esta entidade celebraba na tarde do 9 de xullo na cidade das Burgas. Na exposición do seu informe facía balance da xestión durante o último exercicio e incidía no eido da internacionalización coa convicción de que o mercado exterior debe ser unha das estratexias de futuro para os empresarios ourensáns. Ademais aludía ás dúas accións comerciais inversas promovidas pola CEO con Colombia e China.

No referente ao ámbito social, Pérez Canal lembraba que a CEO foi recoñecida polo seu esforzo na integración laboral de persoas pertencentes a sectores vulnerables ou en situación de risco de exclusión social.

No decurso desta reunión, na que os puntos da orde do día (entre eles as contas do 2014 e o orzamento para o 2015) foron aprobados por unanimidade, o presidente da CEO sinalaba tamén que esta confederación promoveu ou acolleu ao longo do último exercicio máis de 250 actos coa presenza de 6.000 persoas.

Asistentes a esta asemblea da confederación ourensá./ Foto: Carlos G. Hervella.
Asistentes a esta asemblea da confederación ourensá./ Foto: Carlos G. Hervella.

Esta asemblea, á que asistían un cento de empresarios, contaba coa asistencia do presidente da patronal galega, José Manuel Fernández Alvariño, no acto de clausura así como coa de represetantes políticos como o presidente da Deputación, Manuel Baltar, ou o deputado por Ourense no Congreso, Celso Delgado Arce.

Artigos relacionados

Back to top button