EconomíaEconomíaÚltima hora

Asemblea xeral da Ruta do Viño de Valdeorras

 

Imaxe da asemblea ordinaria da Asociación da Ruta do Viño de Valdeorras./ Foto cedida.

 

O salón de actos do edificio multiusos do Barco acollía na tarde do 23 de novembro a asemblea xeral da Asociación da Ruta do Viño de Valdeorras. A orde do día incluía, entre outros asuntos, o nomeamento da nova xunta directiva da entidade.

“A maioría dos cargos renováronse, unicamente se cambiou a figura do tesoureiro, sendo a nova xunta directiva a seguinte: Joaquín Sánchez Rodríguez é o presidente, Monserrat Rodríguez González vicepresidenta, Araceli Fernández del Palacio secretaria, Víctor Fernández González tesoureiro. Ademais forman parte dela como vogais: Eladio Santos Martínez, Álvaro José Fernández López
e José Luis García Pando.

No decurso da reunión tamén se aprobaba a acta da anterior asemblea, así como a ratificación pola das solicitudes de afiliación que se produciron no ano 2019: as do Hotel Malecón, Despacho de Comidas A Pepa, Adega Melillas S.L., Malteria, Pago dos Capeláns, Multirriesgos Macias S.L. e o Mesón Museo.

Tamén se detallaron as actividades desenvolvidas ao longo do 2019, incluídas as VIII Xornadas de Portas Abertas e trasladouse aos asociados que está previsto por parte da Axencia de Turismo instalar a nova sinalización no segundo trimestre do ano así como retirar a anterior. Así mesmo aprobábanse as contas do 2019 e os orzamentos para os anos 2020 e 2021

Artigos relacionados

Back to top button