Galerías de fotosÚltima hora

Asfaval abre as portas da residencia no Barco

Os primeiros usuarios xa se benefician do servizo que ofrecen dende a asociación

Despois de dezanove anos de loita e traballo, as portas da residencia de Asfaval abría as portas á sociedade no Barco de Valdeorras, ofrecendo un servizo moi demandado na comarca e toda a bisbarra.

Dotada con 40 prazas, o luns 1 de decembro recibía aos primeiros usuarios chegados dende os concellos de Viana, O Bolo, Larouco e Vilamartín, aínda que a presidenta da Asociación de familiares de discapacitados psíquicos de Valdeorras, Amelia Blanco, espera que en breve se sigan sumando porque “hai moita xente que o necesita”. Ademais a residencia axudará a resolver un importante problema que afronta Asfaval: os desprazamento para recoller aos usuarios que cada día asisten ao taller ocupacional e ao centro de día, de diferentes municipios.

O centro está dotado de tódolos servizos, con habitacións dobres e individuais con baños totalmente equipados e ata unha sala de estar, todo cun ambiente familiar. Para dalo a coñecer, na mañá do 3 de decembro, Asfaval abría as portas á poboación, recibindo a visita de autoridades e representantes de diferentes asociacións da comarca.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button