ConcellosÚltima hora

Asfaval celebrará o 19º aniversario cunha cea benéfica

A asociación liquidará este mes o préstamo persoal, esperando abrir a residencia antes de final de ano
A presidenta de Asfaval, Amelia Blanco. /Foto: Carlos G. Hervella.
A presidenta de Asfaval, Amelia Blanco. /Foto: Carlos G. Hervella.
Reunión de Asfaval coas familias. /Foto: Carlos G. Hervella.
Reunión de Asfaval coas familias. /Foto: Carlos G. Hervella.

Para non perder o 10% da subvención concedida pola ONCE (conxelada dende hai tempo) a Asfaval non lle queda máis remedio que abrir a residencia. Esa foi a idea que a directiva da Asociacion de familiares de personas con discapacidade intelectual de Valdeorras, transmitíu ás familias na reunión celebrada na tarde do 1 de outubro. “Estaban as familias que queren empezar no Centro de Día, ás que lles interesa a residencia e as dos nosos 15 usuarios” explica a presidenta do colectivo, Amelia Blanco. “A xente ve a residencia moi bonita pero é un pouco reacia a abrila, polo que deixaremos este mes para que o pensen e a ver se antes de final de ano a podemos poñer en funcionamento, porque hai xente que realmente necesita ese servizo” apunta.

A propia Amelia explica que no tempo que leva ao fronte de Asfaval lévase pagado moito e neste mes de outubro espera liquidar o préstamo persoal. “Quédannos 11.000 euros e entre os 5.000 que nos deu La Caixa, os 2.700 do partido benéfico e uns aforros que temos, esperamos cancelalo.

Como asociación sen ánimo de lucro, tentan conseguir cartos como poden e neste mes no que celebran o 19º aniversario, organizarán unha cea benéfica “non temos data pero será a mediados, no Barco”. Xa de cara ao mes de novembro terán un concerto benéfico e en decembro unha xornada de portas abertas para animar á xente e convecer aos usuarios para abrir a residencia. O centro ocupacional está completo con 15 usuarios e para o Centro de Día teñen tres prazas concertadas coa Xunta a xornada completa e unha privada a media xornada.

Sorteo da reciclaxe

Usuarios de Asfaval, co boleto gañador.
Usuarios de Asfaval, co boleto gañador.

O mesmo día 1 de outubro, os usuarios de Asfaval celebraban un novo sorteo da reciclaxe de aceite doméstico usado, dentro da campaña “Se separas, aforras”. Nesta ocasión a gañadora do vale de 50 euros para canxear no supermecado DyD da rúa Ourense, foi María Prada.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button