ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Asfaval e Disvalia celebran no Barco o Día das persoas con discapacidade

Co fin de recadar fondos, as asociacións puxeron sendos postos de mercadiño na praza do Concello

Hoxe, 3 de decembro, é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e para celebralo, as asociacións valdeorresas Asfaval e Disvalia instalaban sendos postos na praza do Concello no Barco de Valdeorras.

A Asociación de Familiares de Persoas con Discapacidade Intelectual de Valdeorras, poñía o seu tradicional posto con artigos de todo tipo elaborados polos propios usuarios do centro ocupacional da asociación. Atendido por un grupo de usuarios, no posto tamén vendían rifas para o sorteo dunha cesta de Nadal.

No posto da Asociación de perosoas con Discapacidade de Valdeorras, pola súa banda, vendíanse plantas e números de Lotería.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button