ConcellosÚltima hora

Asfaval recibe a visita do presidente de Fademga-Plena Inclusión Galicia

A residencia deberá conseguir entre 15 e 20 prazas públicas para manter a viabilidade

Na tarde do 19 de abril, o presidente de Fademga-Plena Inclusión Galicia (Federación Galega de Asociacións a Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual e do Desenvolvemento), Emilio Fernández Pérez, achegábase ata a sede de Asfaval (Asociación de Familiares de Discapacitados Psíquicos de Valdeorras), no Barco de Valdeorras, para informar á entidade sobre a situación da residencia.

Na reunión estiveron presentes a presidenta Amelia Blanco (tamén vogal da xunta directiva de Fademga) xunto con outros membros do colectivo valdeorrés, así como o concelleiro de Asuntos Sociaciais do Barco de Valdeorras, Orlando Saavedra.

Entre os datos que aportou Fernández Pérez, está a necesidade de conseguir un mínimo de entre 15 e 20 prazas públicas para que a residencia sexa viable, unhas prazas que deberán solicitar na vindeira convocatoria da Consellería de Política Social.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button