ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Asfaval recibe a nova furgoneta de transporte para os usuarios

Trátase dunha Citroën Jumper con capacidade para nove persoas

Despois de varios meses chamando a diferentes portas para tentar xuntar os cartos necesarios, na mañá do 27 de maio Asfaval recibía a nova furgoneta de transporte para os usuarios. Trátase dunha Citroën Jumper traída dende un concesionario de Zaragoza. “Trouxémola de alí porque un vogal da xunta directiva é da Veiga e veciño do dono do concesionario e conseguíu que nola deixara a un prezo moi asequible porque senón non podiamos terlle feito fronte”, explica a presidenta de Asfaval, Amelia Blanco.

O vehículo custou 19.600 euros e para custeala contaron coa colaboración de Iberdrola, a Deputación de Ourense e a Obras Social “La Caixa”, poñendo Asfaval o resto. “Estámoslle mii agradecidos a todos porque nós sós no podiamos telo feito e é un medio que necesitabamos porque a vella furgoneta tíña xa case dez anos e pronto non cumpriría os niveis de seguridade”, di Amelia.

Esta furgoneta nova, con nove prazas de capacidade, será a que utilicen para o transporte dos usuarios da zona alta. Coa outra que teñen fan o servizo de recollida de aceite usado en colaboración coa Xunta e o Concello do Barco e a terceira é propiedade de Fademga para o Centro de Día.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button