CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Así loce o mural sobre o Camiño de Inverno, na Rúa

 

Dende este  mércores 22 de decembro, coa retirada dos andamios e a pintura de ‘A RÚA’ na parte superior, pode desfrutarse do mural de grandes dimensións adicado ao Camiño de Inverno que está situado situado baixo a ponte da N-120, na avenida de Somoza.

Como xa se ten explicado, trátase dunha obra do artista Juan Carlos Abraldes, que pon o foco na temática xacobea, pero tamén noutros elementos naturais e patromoniais propios do Camiño de Inverno ao seu paso por Valdeorras como son os peregrinos; e do propio Concello como a imaxe do deus Baco a quen se rende culto na Baco Festa; O Aguillón e o encoro de San Martiño; o Miradoiro Barranco Rubio, a ponte da Cigarrosa.

A realización deste mural, que comezaba o 19 de novembro e remataba o 14 de decembro, é xunto co do Barco, unha das iniciativas dun proxecto de promoción incluído no Programa AEVAempregaTE, organizado pola Asociación Empresarial de Valdeorras e financiado pola Deputación de Ourense.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button