Galerías de fotosÚltima hora

Así se vivía a II Noite Branca do Barco

Ofrecemos aquí un percorrido por diversas imaxes da segunda edición da Noite Branca no Barco, unha iniciativa organizada polo Centro Comercial Aberto barquense o 19 de xuño. Os actos comezaban sobre as sete da tarde cun espectáculo de animación da man de Troula e proseguían coa prolongación do horario de apertura dos comercios da vila ata a medianoite. Cada un dos locais participantes, un total de 33, engalanábase, sacaba os seus produtos á rúa (con descontos dun 20%) e ofrecía degustacións de pinchos e bebidas aos viandantes.

Ademais os tres establecementos de hostalaría participantes xeraban unha zona de descanso e agasallaban con degustacións de paella. O ambiente estivo tamén animado polo grupo de gaitas Celtas Largos. A celebración continuaba ata a madrugada coa actuación de Disco STUU no Paseo do Malecón.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información e fotos na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button