A RúaConcellosÚltima hora

Asínase a cesión dos terreos para o novo Centro de Saúde da Rúa

Sinatura da cesión celebrada esta mañá no Concello da Rúa./ Foto cedida.

 

O salón de plenos do Concello da Rúa era escenario ás 11h. deste venres 11 de setembro da sinatura da cesión dos terreos da rúa Arnaveca nos que se proxecta construír o novo Centro de Saúde da Rúa e que teñen unha superficie duns 7.288,79 m2.

A rúbrica deste documento por parte dos propietarios e do Concello rues ten lugar días despois da aprobación definitiva do proxecto de ocupación directa dos mesmos. Deste xeito dase un paso que o rexedor da Rúa, Álvaro Fernández, considera crucial para facer realidade este proxecto.

Agora continuará o proceso, tendo en conta tamén o protocolo de colaboración asinado o 31 de xaneiro entre o Concello da Rúa, a Deputación de Ourense e a Consellería de Sanidade para a execución das obras de construción do novo centro de saúde no Concello da Rúa.

 

Asistentes ao acto da sinatura./ Foto cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button