OurenseSen categorizarÚltima hora

Asínase o convenio entre CHMS e o Concello de Cortegada para a execución do proxecto “Raia Termal”

Suporá un investimento duns 283.000 euros e inclúe a construción das piscinas termais exteriores, o acondicionamiento da contorna do balneario e a sinalización da ruta termal “Terras de Cortegada”

 

Imaxe da sinatura do convenio.

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, e o alcalde de Cortegada, Avelino Luis de Francisco, veñen de asinar un convenio de colaboración que posibilita as obras que a CHMS vai realizar neste municipio ourensán no marco do proxecto europeo de cooperación transfronteiriza (POCTEP) “Raia Termal”.

Este documento rubricado determina as condicións que rexerán o financiamento, redacción do proxecto, posta a disposición de los terreos, execución e réxime da posterior entrega para o mantemento e conservación das obras e instalacións contempladas nos proxectos de “Construción de piscinas termais exteriores e acondicionamento da
contorna do balneario de Cortegada” e “Sinalización da ruta termal Terras de Cortegada” (Cortegada – Ourense).

Na primeira das intervencións acometerase unha recuperación, acondicionamento e axardinado da zona verde en no entorno do Balneario de Cortegada, de titularidade municipal, situado á beira do río Miño, e a ampliación do seu circuíto termal coa construción de tres piscinas termais. A segunda das actuacións consiste na sinalización da ruta termal “Terras de Cortegada”, que ten o seu inicio e fin no Balneario, xunto ao río Miño.

O investimento necesario para estas actuacións estimouse en 283.513,15 €, que será asumido na súa totalidade poa Confederación, o 75 % a través de fondos POCTEP e o 25 % restante con fondos propios deste organismo. Ademais a confederación adxudicará e xestionará os contratos da obra, servizos e cualesquera outros necesarios.

Artigos relacionados

Back to top button