OurenseÚltima hora

Asínase o convenio para a execución do proxecto “Raia Termal” en Lobios cun investimento de 300 mil euros

O presidente da CHMS e a alcaldesa de Lobios acordan un proxecto europeo de cooperación transfronteiriza que aposta pola mellora do medio ambiente e dos recursos termais que ofrece a zona

José Antonio Quiroga,  presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) e a alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez, asinaron o 2 de xullo o convenio que posibilitará a execución do proxecto “Raia Termal”, que cun investimento previsto de máis de 300 mil euros promete incluír a construción dun azud desmontable e unha pasarela no río Caldo, ademais de actuacións no sistema de depuración para evitar verteduras no río.

 

O presidente da Confederación José Antonio Quiroga xunto coa alcaldera de Lobios, María del Carmen Yáñez.

O obxectivo principal de “Raia Termal” inspírase nos principios xerais que rexen os proxectos de cooperación transfronteiriza: a proteción e conservación de espazos rurais fluviales fronteirizos dos ríos Miño e Limia, a aposta polo medio ambiente e dos recursos termais que ofrece a zona, e unha mellora da calidade ambiental da auga.

Este convenio de colaboración ten como obxecto a construción dun azud desmontable duns 20 metros de lonxitude e unha pasarela peatonal para conectar as dúas veiras do río. Tamén incluirá unha ciclovía dende a área recreativa termal ó Roteiro de A Devesa, ademais de executarse actuacións no sistema de saneamento e depuración que servirán para evitar verteduras no río Caldo.

No momento da sinatura do Convenio.

O investimento necesario para levar a cabo o proxecto estímase que supere os 300 mil euros, que serán financiados nun 75% a través de fondos europeos POCTEP (o proxecto europeo de cooperación transfronteiriza), e o 25% restante con fondos do propio Organismo CHMS (Confederación Hidrográfica do Miño-Sil).

O acordo contempla que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil licitará, adxudicará e xestionará os contratos de obras, servizos e todo o necesario para a súa execución ata a finalización definitiva do proxecto. O Concello de Lobios, pola súa parte, encargarase das xestións administrativas precisas para a obtebción dos terreos, bens e dereitos necesarios, as súas modificacións e posibles obras complementarias.

O fin deste proxecto é o de contribuír á valorización do termalismo e dos recursos fluviais para favorecer o turismo de calidade, a saúde e o patrimonio natural tanto na provincia de Ourense como nas poboacións transfronteirizas do norte de Portugal.

 

Texto: Carlota Pérez de Juan Burgos

 

Artigos relacionados

Back to top button