CulturaCulturaÚltima hora

A asociación do Camiño de Inverno por Valdeorras despedirá o ano cunha cea

Entre as actividades previstas para o mes de decembro está tamén a proxección dun filme sobre o Camiño
Unha das ceas celebradas pola Asociación do Camiño de Inverno por Valdeorras no Pazo do Castro. /Foto: Carlos G. Hervella.
Unha das ceas celebradas pola Asociación do Camiño de Inverno por Valdeorras no Pazo do Castro. /Foto: Carlos G. Hervella.

Despois das numerosas actividades levadas a cabo ao longo do ano, incluído facer o Camiño de Inverno dende Ponferrada, a Asociación do Camiño de Santiago por Valdeorras despedirá o 2015 con outras dúas.

Por unha banda a proxección do filme “Bo camiño!” da directora norteamericana Lidia Smit. A cita será o 8 de decembro ás 19 horas no Teatro Lauro Olmo do Barco.

E por outra, a tradicional cea de confraternidade, á que poden asistir tanto os socios como amigos e/ou familiares dos mesmos, prevista para o 12 de decembro a partires das 21 horas no Pazo do Castro. Os que queiran asistir deberán facer a reserva antes do 7 de decembro.

Artigos relacionados

Back to top button