EconomíaEconomíaÚltima hora

A Asociación de Artesáns de Ourense e La Caixa contratarán a persoas en risco de exclusión

A contratación será a través dun convencio asinado con Cruz Vermella de Ourense
Os representantes das entidades no momento da sinatura do convenio.

A presidenta da Asociación de Artesáns de Ourense, Olga Santos Pereira; o director da área de negocio de “la Caixa” en Ourense, Fernando Garza; o presidente provincial de Cruz Vermella Española en Ourense, Felipe Ferreiro, e Carlos Rosón, de Igaxes3, en representación do Grupo Incorpora Galicia, firmaron un acordo que ten como obxectivo fomentar a integración laboral de persoas con especiais dificultades para acceder a un posto de traballo e promover accións de realidade social empresarial no marco do programa incorpora da Obra Social “la Caixa”.

Dende o ano 2006, a Obra Social “la Caixa” fomenta, co programa incorpora, a inserción ao mundo laboral de persoas en situación ou risco de exclusión, como parados de longa duración, ex reclusos, mozos en situación de vulnerabilidade, inmigrantes e vítimas de violencia de xénero, entre outros colectivos.

A Asociación de Artesáns de Ourense colaborará con Incorpora mediante o fomento da contratación e formación de persoas pertencentes a colectivos desfavorecidos e co impulso de accións concretas no ámbito da responsabilidade social empresarial.

Pola súa banda, Incorpora prestará información e asesoramento especializado nesta asociación de empresarios sobre subvencións e axudas á contratación e á creación de emprego para persoas con especiais dificultades de inserción.

A través do programa Incorpora Cruz Vermella en Ourense traballa, entre outros colectivos, con mulleres en risco de exclusión social, fundamentalmente ás maiores de 45 anos, vítimas de violencia de xénero, mulleres con responsabilidades familiares non compartidas, traballadoras da economía informal e inmigrantes.

No pasado ano 2016, 92 mulleres participaron nestes proxectos, das cales 56 lograron acceder ao mercado laboral, din dende a entidade. Ademais, contactaron con 94 empresas ás se se brindou o servizo de intermediación laboral, que proporciona o poio integral e inclúe todas as etapas do proceso, dende a formación e a selección, ata a propia incorporación das persoas.

 

Artigos relacionados

Back to top button