Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

A Asociación de Médicos Galegos reúnese no restaurante La Viuda de Trives

Unhas 60 persoas asistían ao xantar de verán de Asomega no que se homenaxeou ao doutor Juan José Fernández Teijeiro

Fundada en 1994, entre os fins da Asociación de médicos galegos, Asomega está promover a comunicación e relacións interprofesionais e humanas entre os asociados (médicos e persoas adicadas á sanidade de orixe galega, educación universitaria galega e/ou sensibilidade espacial con Galicia), coas universidades galegas, especialmente a de Santiago de Compostela.

Co neurólogo trivés Julio Ancochea Bermúdez na presidencia e rodeado dunha nova xunta directiva dende hai tres meses, a asociación elixía A Pobra de Trives como sede para a xuntanza estival anual. “Asomega débelle moito a Ourense, e normalmente celebrábase noutros puntos como Cambados, así que despois de tantos anos xa era hora de facelo na Galicia profunda e que mellor que Trives” aseguraba o propio Ancochea instantes antes de comenzar o xantar no restaurante La Viuda no que se daban cita unhas sesenta persoas.

A maioría medicos de orixe galego espallados por toda a xeografía, pero tamén autoridades políticas “non sei que pasa pero en Galicia moitos médicos ocupan postos de responsabilidade”, puntualiza o doutor Ancochea. Entre eles o conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; deputados e senadores das comisións de Sanidade tanto de entes autonómicos como nacionais…, aínda que o presidente de Asomega destaca “o que nos une a todos, a medicina e Galicia, somos médicos galegos e temos que traballar xuntos e colaborar”.

A guinda á xuntanza poñíaa a homenaxe que lle rendían ao doutor Juan José Fernández Teijeiro “un dos médicos de antes, dos de sempre, dos que eran máis que médicos”, quen vivíu e traballou na Pobra de Trives durante os anos 50 “cando todo era moito máis difícil pero tamén máis humano e faciamos de todo e o mellor que podiamos”, aseguraba o propio Fernández Teijeiro rodeado de amigos e colegas.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Berardo
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button