ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reúnese en Vilamartín de Valdeorras

As propostas para este ano céntranse na conservación, na difusión e nas infraestructuras

Dezanove dos vintetrés concellos de Galicia e Castela León que integran a Asociación de Municipios do Camiño de Inverno a Santiago, entre eles A Rúa e O Barco, asistían na mañá do 29 de xaneiro á asemblea xeral do colectivo celebrada en Vilamartín de Valdeorras, concello que asume a vicepresidencia.

Presidida pola alcaldesa de Ponferrada, a reunión centrouse na aprobación de puntos como as cotas de inscrición e mantemento, así como as propostas para este ano, centradas fundamentalmente na conservación, actuacións de difusión e dotación de infraestructuras.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button