CulturaCulturaÚltima hora

A asociación de municipios do Camiño de Inverno a Santiago reunirase o 29 de xaneiro en Vilamartín

O concello valdeorrés asume a vicepresidencia do colectivo recentemente constituído
Unha das sinais do Camiño de Inverno, no municipio de Vilamartín de Valdeorras. /Foto: Mónica G. Bellver.

A mediados de novembro de 2017 constituíase en Ponferrada a asociación de municipios do Camiño de Inverno a Santiago, que engloba a 19 dos 24 concellos polos que pasa, tanto da comarca do Bierzo en León como os de Galicia. Unha iniciativa que ten como obxectivos a promoción desta ruta xacobea alternativa ao Camiño Francés así como a protección do seu patrimonio cultural e paisaxístico.

A primeira xunta directiva da asociación está presidida pola alcaldesa de Ponferrada, Gloria Fernández Merayo e a vicepresidencia corre por conta do Concello de Vilamartín de Valdeorras. Con Enrique Álvarez Barreiro ao fronte, este concello valdeorrés será a sede da segunda reunión do colectivo que se celebrará o vindeiro 29 de xaneiro. Malia que aínda non se coñecen nin a orde do día nin os representates dos municipios que asistirán, o anfitrión adianta que para as 11:15h. está prevista a reunión da xunta directiva e xa para as 12h. aproximadamente, a de todos os integrantes.

 

Artigos relacionados

Back to top button