EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

A Asociación de Xoves Empresarios de Ourense outorga os seus premios anuais

Publicidade
O acto de entrega tiña lugar na tarde do 3 de novembro no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense

Catro galardóns, noutras tantas categorías entregaba na tarde do 3 de novembro a Asociación de Xoves Empresarios de Ourense (AJE). Estes recoñecementos, que esta organización empresarial presidida Lois Babarro outorga cada ano, dábanse nun acto celebrado no Centro Cultural Marcos Valcárcel da cidade.

A primeira en recibir a distinción era, en representación de Down Ourense, a súa presidenta, María del Mar Prieto Fortes. Esta entidade era distinguida no apartado de “Compromiso Social 2016”. Logo dábase paso á categoría de mentor, na que o galardón recaía no xornalista Antonio Nespereira. Co premio á mellor “Iniciativa Emprendedora 2016” recoñecíase a Sommera e recollíao Begoña Mera, a súa directora creativa.

Finalmente, o premio ao “Xove Empresario 2016” era para Eladio Jardón Ferreiro, director do Instituto Internacional de Marketing y Comunicación. A este acto asistían diversas autoridades, entre elas o director do Igape, Javier Aguilera, o vicepresidente da Deputación Jorge Pumar, e o alcalde de Ourense, Xesús Vázquez.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button