EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A asociación italiana ViniVeri, interesada polo viñedo valdeorrés

Esta agrupación, a máis forte de produtores de viños naturais en Italia, visitaba a adega La Perdida de Larouco

No decurso dunha viaxe que realizaban por distintas zonas vinícolas de España e Portugal, membros da Asociación Italiana de Produtores de Viño Naturais ViniVeri achegábanse ata a comarca de Valdeorras. En concreto visitaban a finais de novembro a adega La Perdida, situada no concello de Larouco.

O grupo estaba formado por 17 viticultores e interesábanse pola “forma de traballar o viñedo, sempre en ausencia de produtos químicos. Tamén me preguntaban sobre a elaboración de viños en cubetas de barro, técnica na que esta adega foi pioneira na súa utilización en Galicia”, tal e como sinala Ignacio González, responsable da adega La Perdida.

Nestes momentos a Asociacion ViniVeri é a agrupación máis forte de produtores de viños naturais en Italia. Anualmente organiza unha feira de viños naturais nas proximidades de Venecia, a cuxa próxima edición ten sido convidada a adega La Perdida. Celebrarase no mes de marzo.

Tras pasar por Valdeorras, este grupo de viticultores italianos desprazábase ata o concello de Manzaneda para coñecer a experiencia de Laura Lorenzo, de Daterra Viticultores, unha moza viticultora que segue tamén técnicas naturais de traballo no viñedo.

Fotos cedidas pola adega La Perdida.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close