ConcellosÚltima hora

Aspecto renovado na volta ao cole nos centros barbadeses Filomena Dato e Ruxidoiro

O Concello acometeu as actuacións que contemplaron a instalación de vallas de seguridade, a pavimentación dos accesos e o pintado dun mural no centro da Valenzá
Mural pintado nas últimas reformas para a posta a punto dos colexios na volta ao curso escolar, en Barbadás.
Mural pintado nas últimas reformas para a posta a punto dos colexios na volta ao curso escolar, en Barbadás.

Os colexios de Filomena Dato e Ruxidoiro, no Concello de Barbadás, comezaron o curso escolar cun aspecto renovado. O goberno municipal acometeu nas últimas semanas varias reformas e melloras que incluíron a instalación de vallas de seguirdade, pavimentación dos accesos aos centros e un pintado dun mural no centro da Valenzá.

Máis polo miúdo, no colexio de Filomena Dato procedeuse á instalación de novas plantas na entrada principal e axardinouse a franxa dereita de acceso á zona de recreo. Tamén se reformou a valla de seguridade e instalouse unha fonte. Outras actuacións incluíron a colocación de aparcabicis, melloras na cociña e no comedor ou a instalación de aire acondicionado neste último habitáculo. Por último tamén se instalou unha cuberta no patio a carón da aula de psicomotricidade.

No caso do centro educativo do Ruxidoiro, colocáronse vallas de seguridade e un valado arredor da zona axardinada, repintáronse os pasos de peóns nas inmediacións e habilitouse unha fonte de auga potable no patio. Tamén se procedeu á eliminación de barreiras arquitectónicas na zona do viaducto, púxose a punto a alarma, houbo pintado de aulas e arranxos en iluminación e fontanería.

Artigos relacionados

Back to top button