En portadaGalerías de fotosÚltima hora

AstroTrevinca reúne a case cen persoas na súa quinta edición

Estas xornadas de astronomía, que comezaban na tarde do 14 de setembro na Veiga, incluirán diversas ponencias e observacións nocturnas do ceo de Trevinca ata o 16 de setembro

No edificio do Toural da Veiga arrancaba na tarde do 14 de setembro a quinta edición de AstroTrevinca, unhas xornadas de astronomía que se desenvolverán ata o vindeiro domingo día 16 cun programa que inclúe diversas ponencias, así como observacións nocturnas do ceo de Trevinca, destino Starlight.

Na presentación o coordinador das xornadas, o experto Óscar Blanco, daba á benvida aos asistentes e explicaba a orixe e sentido deste encontro, ademais de darlle diversas indicacións de cara ás actividades previstas. Na noite do venres estaba xa prevista a primeira observación no miradoiro estelar “Lagoas das Tablillas”.

Neste sábado 15 de setembro as xornadas comezaban en torno ás 11h. terán lugar cunha serie de sesións teóricas no edificio do Toural, nas que se abordarán temáticas como a “Arqueoastronomía, o ceo no pasado” da man de Pablo Martínez, “Astrotimelapses, fotones en movimiento” de Alfredo Madrigal, “Astronomía para influencers” con Marta Fernández, e xa pola tarde, “Ligar con astronomía” con Borja Tosar, “A astronomía de de Julio Verne” con Óscar Blanco e “Fotografia nocturna e astropaisaxe” con Fernando Cabrerizo. Ás 22h. farase unha nova observación dende a Tablilla.

No derradeiro día de AstroTrevinca, o domingo 16 de setembro, farase unha visita a lugar onde se construíra o futuro observatorio astronómico de Trevinca e logo Óscar Blanco dará unha sesión sobre nocións de astrofotografía. Pola tarde os asistentes poderán realizar unha viaxe en catamarán polo encoro de Prada e un percorrido ata a “Cántara da Moura”.

 

Fotos: Carlos G. Hervella, agás a última da galería que é de Verónica Vieira.

Máis fotos:
https://osil.info/a-segunda-xornada-de-astrotrevinca-en-fotos/

Artigos relacionados

Back to top button