En portadaGalerías de fotosÚltima hora

“Asusteime de verdade cando vin o obús”

Jesús Fernández atopaba nun armario dunha casa de Viloira un obús da Guerra Civil

Ninguén podería terse imaxinado que no armario que se usou como despensa durante décadas había un obús da Guerra Civil. Levaba máis de medio século oculto por uns libros antigos nun vello armario da casa familiar ata que Jesús Fernández, veciño de Viloira, rebuscando o atopou.

“Levantei todos os libros e xa o vin. Decateime enseguida do que era, porque xa os tiña visto cando fixen a mili e asusteime de verdade”, recorda. O armario estaba na planta baixa da casa dos seus pais, que agora pertence á súa irmá. Trátase dunha edificación antiga situada na praza de Viloira que o seu pai mercaba en 1965.

Jesús Fernández deu aviso á Garda Civil e despois desprazaouse ata o cuartel do Barco para aportar información sobre o sucedido. Ás catro da tarde dese mesmo día unha patrulla da benemérita desprazábase ata a casa e, ás sete, os artificieiros sacaban o obús do armario e levábano.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button