CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Ata 10 propostas escénicas e musicais ata finais de ano no Teatro Lauro Olmo do Barco

Entrada ao Teatro Lauro Olmo do Barco./ Foto: A.R.

 

O engado da cultura ao vivo volve ao Barco. As historias volverán cobrar vida sobre o escenario do Teatro Lauro Olmo da vila despois de case mes e medio sen actividade como medida preventiva fronte ao Covid-19. O reencontro do teatro co público terá lugar cun novo horario (ás 20:30h. en lugar de ás 21h.), o vindeiro 20 de novembro da man de “Invisibles” de Redrum Teatro.

A partir de aí, e ata finais de ano, está previsto un calendario de ata nove propostas escénicas e musicais, que continuará o 27 de novembro con “Liberto” de Marelas Produccións, tal e como vén de dar a coñecer a Concellería de Cultura barquense.

 

Artigos relacionados

Back to top button