EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Ata 126 viños na cata previa das “Distincións Gallaecia” na D.O. Ribeiro

O presidente da Asociación de Sumilleres Gallaecia destacaba "a finura e elegancia dos brancos do 2019" desta D.O.

Cata das mostras da D.O. Ribeiro no Parque Náutico de Castrelo de Miño./ Foto cedida.

 

Tras pasar polas denominacións de orixe de Valdeorras e Monterrei, o 20 de xullo os catadores do concurso “Distincións Gallaecia” visitaban o Ribeiro. No espazo Turcastrelo, ubicado no Parque Náutico de Castrelo de Miño, realizaban a cata previa dos citados galardóns, que tamén serve de base para a elaboración da edición 2021 da Guía Luis Paadín de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia.

Os catadores valoraban 126 viños da Denominación de Orixe Ribeiro (entre brancos, tintos e tostados). Desta cata sairán seleccionados os mellores viños da D.O. Ribeiro segundo o criterio dos expertos, que pasarán a á cata final que se celebrará a principios de setembro en Fisterra.

O presidente da Asociación de Sumilleres Gallaecia, Aurelio Vázquez, aseguraba que os viños brancos desta colleita no Ribeiro “son de altísima calidade, destacando a súa finura, elegancia e tipicidade. É de sinalar tamén que contan cun gran potencial de garda. Os tintos son moi equilibrados e de moita calidade, e neles percíbese a fenomenal evolución de añadas anteriores”.

O panel de cata estaba formado por membros da Asociación de Sumilleres Gallaecia e tamén por catadores invitados. En concreto, os profesionais que formaron o panel de cata foron:

  • Aurelio Vázquez         Presidente Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia
  • Iván Vázquez               Enólogo
  • Javier Facal                  Sumiller restaurante O´Sampaio
  • José Luis Fernández   Comité de Calificación D.O. Ribeiro
  • Juan Gómez                 Asociación de Sumilleres de Zamora
  • Luis Paadín                    Director da Guía de Vinos de Galicia
  • Alejandro Paadín       Vicepresidente Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia
  • Pablo Vidal                 Comité de Cualificación D.O. Valdeorras
  • Pedro Sestayo            Profesor Consellería de Educación
  • David Ballesteros      Comité de cualificación D.O. Rías Baixas
  • Santiago Castro         Director Técnico C.R.D.O. Toro
  • Xabier Barcala           Sumiller viñoteca Comoviño
  • Xose Carballido         Enxeñeiro Agrónomo

 

 

Artigos relacionados

Back to top button