SanidadeÚltima hora

Ata 14 concentracións en Galicia contra o peche do paritorio de Verín

Estaban convocadas ás 20h. desta tarde pola Marcha Mundial das Mulleres

 

Nesta tarde de 4 de decembro a partir as 20h. tiñan lugar ata 14 concentracións en diversos puntos de Galicia “contra o peche do paritorio e as urxencias pediátricas de Verín”. A Coruña, Allariz, As Pontes, Betanzos, Celanova, Chantada, Compostela, Lalín, Lugo, Monforte, O Carballiño, Ourense, Verín e Vigo eran os lugares onde estaban convocadas.

Nesta galería poden verse fotos da concentración celebrada na Coruña, onde a actriz Isabel Risco deu lectura ao manifesto. No acto berrábanse consignas como “Verín non se pecha” e “Hoxe en Verín, mañá pásache a ti”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button
Close