A mellora da situación sanitaria na comarca de Valdeorras, e moi especialmente no Barco, cun considerable descenso dos contaxios nesta segunda onda da pandemia, fixo posible unha boa nova para o Centro de Deportes Barco e os seus afeccionados.
Tras dúas xornadas cun aforo máximo de 150 persoas no Estadio Municipal de Calabagueiros, Sanidade ampliaba a 300 o aforo para o partido CD Barco-CD Pontellas que se disputará este domingo 15 de novembro a partir das cinco da tarde. Así o vén de confirmar o presidente do club barquense, Nilo Ramos, adiantando que tanto os protocolos anticovid como as medidas de seguridade reforzaranse para este partido.